27 may 2014

Xosé María Díaz Castro

Este ano o día das Letras Galegas foi adicado a Xosé María Díaz Castro, e entre toda a clase fixemos este texto:

                     Vida

          Xosé María Díaz Castro naceu nunha familia labrega en Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo), o 19 de febreiro de 1914. Terceiro de catro irmáns, fillo de Isidoro Díaz Calvo, escribinte no concello de Trasparga, e María Manuela Castro López. Casou con María Teresa Zubizarreta Bengoechea o 10 de agosto de 1954 en Urretxu, de onde proviña a muller, coa que tivo tres fillos: José Mari, Maite e Íñigo.
          De pequeno era coñecido como Pepe e axudaba nos labores do campo. Gustáballe moitísimo a natureza, era gran afeccionado ó estudo das plantas, animais e árbores. Nun verán, cun dos seus irmáns, xuntou máis de 200 ovos de paxaros. Nas súas andainas polo monte, adoitaba buscar sachados prehistóricos.
          Estudou  Latín, Humanidades, Filosofía e Teoloxía no seminario Santa Catalina de Mondoñedo; pero non rematou sendo cura, senón mestre de ensinanza media en Vilagarcía de Arousa e, dende o ano 1948, en Madrid. Nesta localidade desenvolveu un importante labor como tradutor. Foi un gran coñecedor das linguas europeas, dominaba 14 delas. Tamén traballou no Ministerio de Gobernación, no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico.
          Finalmente, morreu en Lugo o 2 de outubro de 1990, á idade de 76 anos.
          
                           Obra

          Dende cativo, os libros eran os seus compañeiros, amigos da súa andadura de cada día. Ós 12 anos escribiu os seus primeiros versos inspirándose na paisaxe e a beleza da Terra Chá, o que el vía e lle sorprendía. Ós 16 anos editou o seu primeiro poema na revista “Lluvia de rosas”, de Tarragona. En Madrid publicou asiduamente poemas na revista “Alba”. En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos.
          No ano 1961 veu a luz “Nimbos”, a súa única obra. Este poemario tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e por reflexionar sobre os problemas básicos do ser humano: a vida, a morte e o tempo. “Nimbos” é esa coroa que levan os santos, para el era como un halo que lle trasmitían as pequenas cousas do cotiá: a herba pequerrechiña, a lúa... O título dá a idea que tiña Díaz Castro sobre a poesía, como unha iluminación.
Ten algún libro inédito en castelá e quixo que non se publicasen porque el quería ser un poeta en galego, apostou polo noso idioma anos.



         


No hay comentarios:

Publicar un comentario