20 may 2014

Tertulia literaria do libro "Caperucita en Manhattan"


O xoves 15 de maio, dende ás 10:15 ata as 12:30 da mañá, tivemos unha tertulia literaria todos os alumnos/as de 6º e as nais que se apuntaron. Comentamos o libro  "Caperucita en Manhattan" de Carmen Martín Gaite. 


Antes de nada, falamos das tertulias literarias que había en cafés de distintos lugares de España, como no café Gijón de Madrid, onde se reunían artistas para falar de literatura, saboreando unha cunca de café quente.





Tertulia literaria da película "La colmena"


Portada do libro

"Caperucita en Manhattan" trata dunha nena de 10 anos chamada Sara Allen que vive cos seus pais en Brooklyn. Ten unha nai meticulosa que, aínda que no fondo a quere, non lle gusta que a súa filla sexa unha nena "rara e imaxinativa", cunha chea de preguntas que non quere responderlle. Por outro lado, tamén ten unha avoa, a ex-estrela coñecida como "Gloria Star", que Sara aprecia moito, xa que sae moito a ela.

Un día, tras a morte do seu tío Josef, os seus pais van a Chicago ó funeral, e ela aproveita e escapa á casa da súa avoa, pero pérdese no metro. Alí encóntrase con Miss Lunatic, que lle cambiará a vida para sempre, xa que a axudará a conseguir a auténtica liberdade.

E como non pode faltar, hai un infame lobo, pero este é máis ben un lobo solitario; trátase do millonario Edgar Woolf que, aínda que ten un gran negocio, encóntrase só. Sara atópao en Central Park e axúdao a ter por fin algo de compañía.
Sara Allen

O libro está escrito por Carmen Martín Gaite, unha escritora española. Naceu en Salamanca o 8 de decembro de 1925 e morreu en Madrid o 23 de xullo de 2000. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca.
En 1950 trasladouse a Madrid pasando largas tempadas en El Boalo, ó que fai referencia en numerosas publicacións. Esta autora é unha das figuras máis relevantes das letras españolas da segunda metade do século XX. Recibiu, entre outros, o premio Nadal e o premio Príncipe de Asturias das Letras.
É autora de libros como "Entre visillos", "El cuarto de atrás" ou "Nubosidad Variable"


Carmen Martín Gaite


Na clase propuxéronnos buscar un plano de New York e situar alí os lugares importantes do libro. Eu fixen este plano situando os lugares que se destacan no libro:



Todos/as na tertulia

Estivemos comentando o argumento do libro, os personaxes e, sobre todo, dúas cousas: os símbolos e as mensaxes. Ó principio comentamos que nos pareceu o libro e logo pasamos xa ó tema das mensaxes. Falamos de que a principal mensaxe que transmitía era a liberdade, pero tamén houbo máis mensaxes que  transmitían os personaxes, por exemplo, que non hai que ter todo o diñeiro no mundo para ser feliz (mensaxe que transmitía  Mister Wolf no capítulo 7). 


Comentando o libro

Buscando frases no libro

Outra cousa que nos chamou a atención son os libros que lle gustan a Sara, que lle regalara o antigo marido da avoa, Aurelio. Eses libros son "Alicia no país das marabillas", "Carapuchiña Vermella" e "Robinson Crusoe". O argumento de "Caperucita en Manhattan" ten moito parecido co destes libros, sobre todo con "Carapuchiña Vermella"; por exemplo, a torta que Carapuchiña lle leva a súa avoa é a torta de  amorodo que lle leva Sara a Rebeca; o infame lobo que se encontra en medio do bosque é Edgar Wolf en Central Park... Tamén hai momentos da historia que nos recordan a outros  libros; por exemplo o final, cando Sara se bota polo sumidoiro, recorda a Alicia botándose no burato. 

Tertulia fronte ós debuxos de Carapuchiña vermella
Para finalizar a tertulia, como se estivésemos nun café literario, comemos uns biscoitos exquisitos, xunto cun chocolate quente e dúas tortas de amorodo, símbolo do libro. Estaba todo delicioso. 

Comendo os biscoitos e bebendo chocolate quente


Ían Vilariño Vicente

No hay comentarios:

Publicar un comentario