27 may. 2014

Xosé María Díaz Castro

Este ano o día das Letras Galegas foi adicado a Xosé María Díaz Castro, e entre toda a clase fixemos este texto:

                     Vida

          Xosé María Díaz Castro naceu nunha familia labrega en Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo), o 19 de febreiro de 1914. Terceiro de catro irmáns, fillo de Isidoro Díaz Calvo, escribinte no concello de Trasparga, e María Manuela Castro López. Casou con María Teresa Zubizarreta Bengoechea o 10 de agosto de 1954 en Urretxu, de onde proviña a muller, coa que tivo tres fillos: José Mari, Maite e Íñigo.
          De pequeno era coñecido como Pepe e axudaba nos labores do campo. Gustáballe moitísimo a natureza, era gran afeccionado ó estudo das plantas, animais e árbores. Nun verán, cun dos seus irmáns, xuntou máis de 200 ovos de paxaros. Nas súas andainas polo monte, adoitaba buscar sachados prehistóricos.
          Estudou  Latín, Humanidades, Filosofía e Teoloxía no seminario Santa Catalina de Mondoñedo; pero non rematou sendo cura, senón mestre de ensinanza media en Vilagarcía de Arousa e, dende o ano 1948, en Madrid. Nesta localidade desenvolveu un importante labor como tradutor. Foi un gran coñecedor das linguas europeas, dominaba 14 delas. Tamén traballou no Ministerio de Gobernación, no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico.
          Finalmente, morreu en Lugo o 2 de outubro de 1990, á idade de 76 anos.
          
                           Obra

          Dende cativo, os libros eran os seus compañeiros, amigos da súa andadura de cada día. Ós 12 anos escribiu os seus primeiros versos inspirándose na paisaxe e a beleza da Terra Chá, o que el vía e lle sorprendía. Ós 16 anos editou o seu primeiro poema na revista “Lluvia de rosas”, de Tarragona. En Madrid publicou asiduamente poemas na revista “Alba”. En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos.
          No ano 1961 veu a luz “Nimbos”, a súa única obra. Este poemario tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e por reflexionar sobre os problemas básicos do ser humano: a vida, a morte e o tempo. “Nimbos” é esa coroa que levan os santos, para el era como un halo que lle trasmitían as pequenas cousas do cotiá: a herba pequerrechiña, a lúa... O título dá a idea que tiña Díaz Castro sobre a poesía, como unha iluminación.
Ten algún libro inédito en castelá e quixo que non se publicasen porque el quería ser un poeta en galego, apostou polo noso idioma anos.



         


20 may. 2014

Tertulia literaria do libro "Caperucita en Manhattan"


O xoves 15 de maio, dende ás 10:15 ata as 12:30 da mañá, tivemos unha tertulia literaria todos os alumnos/as de 6º e as nais que se apuntaron. Comentamos o libro  "Caperucita en Manhattan" de Carmen Martín Gaite. 


Antes de nada, falamos das tertulias literarias que había en cafés de distintos lugares de España, como no café Gijón de Madrid, onde se reunían artistas para falar de literatura, saboreando unha cunca de café quente.





Tertulia literaria da película "La colmena"


Portada do libro

"Caperucita en Manhattan" trata dunha nena de 10 anos chamada Sara Allen que vive cos seus pais en Brooklyn. Ten unha nai meticulosa que, aínda que no fondo a quere, non lle gusta que a súa filla sexa unha nena "rara e imaxinativa", cunha chea de preguntas que non quere responderlle. Por outro lado, tamén ten unha avoa, a ex-estrela coñecida como "Gloria Star", que Sara aprecia moito, xa que sae moito a ela.

Un día, tras a morte do seu tío Josef, os seus pais van a Chicago ó funeral, e ela aproveita e escapa á casa da súa avoa, pero pérdese no metro. Alí encóntrase con Miss Lunatic, que lle cambiará a vida para sempre, xa que a axudará a conseguir a auténtica liberdade.

E como non pode faltar, hai un infame lobo, pero este é máis ben un lobo solitario; trátase do millonario Edgar Woolf que, aínda que ten un gran negocio, encóntrase só. Sara atópao en Central Park e axúdao a ter por fin algo de compañía.
Sara Allen

O libro está escrito por Carmen Martín Gaite, unha escritora española. Naceu en Salamanca o 8 de decembro de 1925 e morreu en Madrid o 23 de xullo de 2000. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca.
En 1950 trasladouse a Madrid pasando largas tempadas en El Boalo, ó que fai referencia en numerosas publicacións. Esta autora é unha das figuras máis relevantes das letras españolas da segunda metade do século XX. Recibiu, entre outros, o premio Nadal e o premio Príncipe de Asturias das Letras.
É autora de libros como "Entre visillos", "El cuarto de atrás" ou "Nubosidad Variable"


Carmen Martín Gaite


Na clase propuxéronnos buscar un plano de New York e situar alí os lugares importantes do libro. Eu fixen este plano situando os lugares que se destacan no libro:



Todos/as na tertulia

Estivemos comentando o argumento do libro, os personaxes e, sobre todo, dúas cousas: os símbolos e as mensaxes. Ó principio comentamos que nos pareceu o libro e logo pasamos xa ó tema das mensaxes. Falamos de que a principal mensaxe que transmitía era a liberdade, pero tamén houbo máis mensaxes que  transmitían os personaxes, por exemplo, que non hai que ter todo o diñeiro no mundo para ser feliz (mensaxe que transmitía  Mister Wolf no capítulo 7). 


Comentando o libro

Buscando frases no libro

Outra cousa que nos chamou a atención son os libros que lle gustan a Sara, que lle regalara o antigo marido da avoa, Aurelio. Eses libros son "Alicia no país das marabillas", "Carapuchiña Vermella" e "Robinson Crusoe". O argumento de "Caperucita en Manhattan" ten moito parecido co destes libros, sobre todo con "Carapuchiña Vermella"; por exemplo, a torta que Carapuchiña lle leva a súa avoa é a torta de  amorodo que lle leva Sara a Rebeca; o infame lobo que se encontra en medio do bosque é Edgar Wolf en Central Park... Tamén hai momentos da historia que nos recordan a outros  libros; por exemplo o final, cando Sara se bota polo sumidoiro, recorda a Alicia botándose no burato. 

Tertulia fronte ós debuxos de Carapuchiña vermella
Para finalizar a tertulia, como se estivésemos nun café literario, comemos uns biscoitos exquisitos, xunto cun chocolate quente e dúas tortas de amorodo, símbolo do libro. Estaba todo delicioso. 

Comendo os biscoitos e bebendo chocolate quente


Ían Vilariño Vicente

Obradoiro sumando capacidades

Obradoiro sumando capacidades

O luns 1 de Maio visitounos unha membro da ONG Educación sen Fronteiras que se chama sumando capacidades. 
Empezou ensinándonos un mapa que é o que estamos acostumados a ver que é onde estamos no centro, mostrounos támen outros tipos de mapas como o que usan en Xapón que para nos paréceunos raro porque en este caso Xapón esta no medio.

Logo propúxonos un xogo con periódicos, grapas, gomas e celo.
Había 3 normas:
  • Estar en silencio
  • Facer unha torre o máis alta posible 
  • Facela nun tempo determinado
Cando acabamos dímonos conta de que había que facer unha soa torre pero nos fixemos tres, e non saíu exactamente o que el quería , pero pasámolo ben.

Para acabar púxonos un vídeo de India que iba do traballo en equipo, e de que cunha cousa pequena pódese cambiar o mundo.