Somos os nenos/as de 6º do C.E.I.P. A Rúa e queriamos
explicarlle o Proxecto “Cine en curso” no que estamos a
participar.
A finalidade do mesmo é achegar ós alumnos/as de
Galicia, Cataluña, Madrid e Arxentina ó mundo do cine, mediante a
realización dunha curtametraxe documental sobre un espazo ou un
oficio.
Nesta edición presentámonos co noso traballo “Cineando
ilusións”,que foi seleccionado xunto con outros tres de toda
Galicia.
Decidimos por consenso que o noso documental trataría
sobre a fábrica de Massó, xa que foi moi importante para o pobo e
forma parte da Historia de Cangas.
O primeiro paso que demos foi a documentación.
Xuntámonos por grupos e buscamos en libros e na web toda a
información posible sobre a fábrica.
Para saber máis, conversamos con familiares e coñecidos
que estiveran vinculados a Massó. Tanto profesoras como alumnos/as
estamos sendo asesorados polo C.G.A.I. (Centro Galego de Artes da
Imaxe), en concreto por un cineasta profesional que nos está axudando
na elaboración do guión, no manexo do equipo de rodaxe, na
filmación e na montaxe do documental.
Agora temos que iniciar a rodaxe e necesitamos da súa
autorización para grabar nos terreos de Massó. Posteriormente, gustaríanos proxectar o documental no auditorio municipal, coa súa
colaboración.
Moitas grazas polo seu tempo e atención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario