O día 20 de febreiro fomos escoitar ó Auditorio de Cangas unha charla sobre o Universo, esta estaba impartida por Emilio José García, que traballa no instituto de Astrofísica de Andalucía. Aquí tedes algunhas das curiosidades das que nos falou :
Distancia Terra-Sol
Da Terra ó Sol hai 150.000.000 de quilómetros. Se fósemos nun avión tardariamos 19 anos en chegar ó Sol.
Vía Láctea
Hai varios tipos de galaxias: elípticas, espirais e irregulares. A Vía Láctea (a nosa galaxia) ten forma de espiral.
O Sol
A superficie do sol está a 6.000 graos de temperatura. No núcleo alcanza 15.000.000 de graos debido a reaccións nucleares.
Venus
A temperatura media de Venus é de 450 graos. O 90% da atmosfera é dióxido de carbono, chovendo ácedo sulfúrico. Ten unha rotación superlenta (243 días) e retrógrada. O día pasa súper lento. As nubes móvense a 300 Km/h, tardando tres días en dar a volta ó planeta.
Atmósfera
A atmósfera protexenos de 3 cousas:
- Do Sol, da luz ultravioleta
- Os meteoritos
- Os raios cósmicos
O que non sabemos do Universo
1 Pregunta: ¿Existe vida extraterrestre?
3 Pregunta: ¿ Se unha estrela quedase sen luz que pasa?
4 Pregunta: ¿O interior dunha estrela está a 50.000.000º?