EXCURSIÓN
O martes día 15 os nenos /as de quinto e sexto curso fomos de excursión a Vigo, a Naturnova, un centro onde che ensinan cousas sobre a natureza. Tivemos que facer 4 grupos, o primeiro foi nun submariño dende onde se vían as diferentes especies de animais que había na Ría de Vigo. O segundo grupo foi a unha sala onde che ensinaban cousas do universo: os movementos que fai a terra, os planetas... O terceiro e cuarto grupo foron ver cousas do noso planeta, o home e o seu medio. Déronnos unha ficha onde tiñamos que poñer o que aprendiamos de cada sala. Máis tarde fomos ver un concerto no que os seus participantes ensináronnos que non se toca música só con instrumentos, senón que tamén podemos expresar a música de mil maneiras: co noso corpo, cun lapis, cun anaco de cartón, cunha tixola, cunhas botellas...
OPINIÓNS
NATURNOVA: Gustoume moito porque coñecín moitas cousas sobre o noso planeta, en especial o submariño porque aprendín especies de animais da Ría de Vigo.
CONCERTO: Para min foi marabilloso, tocar así de ben é moi difícil. Tamén me gustou porque nalgunhas partes era divertido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario